Alvarizacolab
  • Inicio
  • Quen somos?
  • Que ofrecemos?
  • O blogue de Al
  • Contacto
  • Legal

​Benvidxs ao blogue de ​Al


Comunicado do Grupo Galego de Vivenda Colaborativa en relación a ORDE do 10 de outubro de 2022 pola que se INTRODUCE A VIVENDA COLABORATIVA COMO centro de atención a persoas maiores.

4/12/2022

0 Comentarios

 

Os grupos semente e as agrupacións profesionais que forman parte do Grupo Galego de Vivenda Colaborativa valoramos positivamente que a Administración Autonómica comece a regular o fenómeno da vivenda colaborativa pero esta regulación, tal vez polo órgano do que emana, a Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, ten un marcado carácter asistencial deixando un amplío campo a interpretación da administración na súa aplicación o cal dificulta que as familias poidan autorganizarse para facer fronte a unha situación de dependencia sobrevivida.

Vivenda colaborativa interxeracional, envellecemento activo en comunidade e/ou familia, prevención da dependencia
Os beneficios do coidado en familia e/ou comunidade e do contacto entre xeracións son unha evidencia cientifca que ademáis é cuantificable en canto a aforro presupostario destiñados a paliar os efectos negativos da soidade e do deterioro físico e cognitivo nas persoas maiores.
Con afán colaborador e construtivo creemos que a orde do 10 de outubro de 2022 pode mellorarse nalgúns aspectos que pasamos a enumerar:
  1. En primeiro lugar xorden dubidas pola redacción da orde sobre se cando se fala de permitir o acceso de persoas menores de 55 anos estas teñen obrigatoriamente que compartir o mesmo espazo de uso privativo con maiores de 55 ou se pola contra refírese a compartir distinto espazo de uso privativo na mesma vivenda colaborativa. De ter que compartir a mesma unidade de convivencia non creemos que fomente nin a autonomía nin a intimidade de ningunha das dúas partes.
  2. En canto á inclusión da interxeracionalidade esta alternativa de fogar con cabida no ámbito dos servizos sociais pode materializarse a través de vivendas colaborativas, dotadas de servizos para a promoción dunha vida social activa e colaborativa, que contribuirán ao benestar das persoas paliando situacións do illamento social e soidade que sofre gran parte da poboación (O 24,5% dos fogares en Galicia son unipersoais). Na modalidade Interxeracional foméntase a saúde en todas as etapas vitais e atrásase a aparición da dependencia. 
  3. En relación a interxeracionalidade consideramos que, tratándose dunha mesma Consellería, a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica podería ter aproveitado a ocasión para introducir o papel das familias nesta Orde, máis tendo en conta os problemas demográficos os que se enfronta Galicia e que o modelo de microcohousing pode ser unha solución que permita a reagrupación familiar en circunstancias de dependencia sobrevida. Deste xeito facilitaríase que as familias puideran coidar os seus dependentes pero o límite do 50% fai imposible na práctica esta modalidade.
  4. O concepto de vivenda colaborativa caracterízase pola participación e autonomía das persoas cooperativistas fronte a outros modelos que parten da iniciativa do mercado. Entendemos que fronte a crise demográfica que sufre Galicia ambos modelos son compatibles e necesarios pero para iso deben recoñecerse as súas especificidades e necesidades. A Xunta debe saber da nosa dispoñibilidade e potencialidade para a atención as persoas maiores pero para que esa colaboración poida facerse realidade debe apoiar as iniciativas segundo modelo de colaboración público-cooperativo. Solicitamos pois que no futuro sexa obxecto de valoración para a concesión de axudas o grao de participación dos e das cooperativistas na cooperativa desde a fase de deseño ata a xestión do día a día como indicador de atención centrada na persoa.
  5. Aínda que entendemos como positivo que o profesional ao que fai referencia a orde poida ser unha das persoas integrantes do proxecto a Orde xéranos dúbidas sobre os seguintes puntos da redacción do artigo 8, sección B, apartado b: O recurso deberá contar cunha persoa responsable que deberá ter titulación universitaria e formación complementaria en dependencia, discapacidade, xeriatría, xerontoloxía…:
    1. Si a necesidade desta figura profesional é xenérica para todos os casos ou circunscríbese á existencia de persoas en situación de dependencia.
    2. Si existe un mínimo de horas obrigatorias de adicación desta persoa responsable, ou estas poden ser determinadas polas necesidades concretas da comunidade.

Por último, comprendendo que a Consellería de Política Social debe regular as condicións nas que se presta un servizo que forma parte da súa carteira, gustaríanos atoparnos cunha norma que dea máis liberdade ás persoas para organizarse dando cabida a modelos de vivenda colaborativa que na actual redacción da Orde quedan excluídos no que entendemos entorpece a súa consolidación en Galicia coartando a liberdade das persoas nun ámbito tan íntimo como é o do seu fogar.

Asdo.:     
- Outra forma de Vivenda (Coruña). http://outraformadevivenda.org/es/
- Sete Oitavas (Vigo). https://www.seteoitavas.com/
- Habitat Social (Coruña). https://www.habitatsocial.coop/
- Cohousing Galicia (Pontevedra). https://cohousing.gal/
- Galca (Vigo) https://www.galca.es/galca/
​- Alvariza. Colaborativas Compostela (Santiago). https://www.alvarizacolab.gal/

0 Comentarios

Soidades urbanas

25/5/2022

1 Comentario

 
"ANDAR SOLO NO DUELE, SENTIRSE SOLO ES OTRA COSA"
EDUARDO GALEANO
Nalgún momento da vida e seguramente con bastante frecuencia, sobre todo despois dunha actividade “multitudinaria” con amigos e/ou familiares, chegamos a dicir, incluso berrar: “Necesito estar soa ...!!”
E, certamente, eses momentos de soidade, calma, introspección e diálogo cunha mesma son necesarios e terapéuticos. Porque o concepto de soidade non é sempre e por si mesmo negativo, de feito existen infinidade de cousas que so podemos facer en soidade, sos con nós mesmos ...
​
Sen embargo somos seres sociais, precisamos dos demais para vivir, para complementarnos como persoas, para aprender e ensinar, para divertirnos e compartir momentos especiais ... E, como a maioría das aprendizaxes da vida, a ser social tamén se aprende, practicando​
Picture

Crear relacións sociais duradeiras non é fácil

Para moitas persoas resulta case imposible por diferentes motivos: timidez, baixa autoestima, dificultade para relacionarse ... E hai colectivos especialmente vulnerables, persoas con algunha discapacidade ou un “defecto físico”, para as que resulta moi difícil relacionarse con naturalidade cos seus iguais.
​

Incluso manter as relacións consolidadas na adolescencia e xuventude resulta difícil pois a medida que imos crecendo van cambiando os intereses e faise difícil formar parte de grupos cos que xa non compartimos as mesmas ideas.
Existe tamén unha etapa, a da maternidade/paternidade que, así como a persoas de natureza sociable lles facilita a relación con outros pais/nais a traveso das crianzas, a outras moitas lévaas a encerrarse na “burbulla” familiar, por considerar plena e realizada así a súa vida e abandonan as relacións con persoas noutras etapas vitais.

Esta etapa pode coincidir, en moitos casos, no tempo, coa da soidade buscada, pois atopámonos nun momento na nosa vida laboral que nos absorbe e require toda a nosa enerxía, non podemos perder tempo, ou non nos sobra para fomentar relacións externas, creando unha rede de apoio. Sumado a isto, a vida nas grandes cidades ten, fronte a vantaxe da vida anónima, na que “ninguén se mete” a grande desvantaxe da soidade. Estamos rodeados de xente, pero sentímonos sos. Vivimos nun mundo que favorece a individualidade a través da competitividade, a desconfianza, os prexuízos ...

A rede de apoio veciñal

Picture
O caso é que non nos educaron, non estamos educando para sentirnos sos, deberiamos aprender a xestionar a soidade, saber que a soidade non desexada pode chegar se nas etapas de soidade “desexada” non creamos vínculos que nos apoien nos momentos máis vulnerables.

Por iso cada vez cobra maior importancia a rede veciñal, que se da con naturalidade no mundo rural, onde hai unha vixilancia, unha atención e axuda mutua máis natural, aceptada sen problema porque non se considera intromisión na intimidade.

Como alternativa válida, posto que unha volta á vida rural sería inviable, está a idea, cada vez máis estendida, da creación de comunidades de veciños (cohousing), onde conviven persoas que comparten espazos colectivos ao tempo que desfrutan do seu propio espazo privado, no que se establecen redes de apoio, de solidariedade e de vida en comunidade.
​

Existen xa en todo o estado diversas iniciativas que camiñan nesta dirección con intereses diferenciados: comunidades senior e comunidades interxeracionais. Esta modalidade de comunidade permite crear unha rede de coidado mutuo que facilita a conciliación ou necesidade de fogar propio das persoas máis novos e a de compañía e posta en valor da súa experiencia das persoas maiores.
1 Comentario

Novas comunidades requiren novas formas de organización

20/5/2022

1 Comentario

 
Comunidades de vivenda colaborativa ben organizadas como solución o encarecemento da vienda
Unha das solucións ao problema do encarecemento da vivenda e a soidade non desexada nas nosas cidades pasa pola creación de Cooperativas de Vivenda Colaborativa sas e vibrantes cuxo modelo de organización permita anticiparse aos problemas que no día a día e na súa xestión poden aparecer

Vivenda colaborativa + Gobernanza = Sociocracia

​​Adoita ser unha inquitude frecuente das persoas que por primeira vez achéganse ao mundo da vivenda colaborativa e as comunidades intencionais o medo a que estas poidan converterse en organizacións que absorben gran cantidade de tempo e enerxía para aqueles que forman parte delas ou, o que é peor, en terreo fértil para os conflitos.
Quizais esta idea teña moito que ver co tipo de organizacións ás que estamos afeitos. Organizacións verticais, nas que resulta perigoso saírse da parcela asignada segundo o posto que se ocupe, movidas pola competición entre os individuos ou organizacións horizontais,nas que resulta igualmente perigoso enfrontarse ás opinións maioritarias, movidas pola enerxía da competición entre grupos. Ningún dos dous modelos de organización parecen pensados para fomentar unha convivencia harmoniosa entre persoas diversas.
A cuestión é se existe algunha alternativa viable a medio camiño entre a exacerbación do individuo/calidade das primeiras ou do colectivismo/cantidade das segundas e a resposta é si e non só unha aínda que ao longo deste artigo imos centrarnos nunha delas, a sociocracia, un modelo de organización e gobernanza creado na súa forma moderna por Gerard Endenburg, empresario holandés, na década dos 70’ s do pasado século.

Comunidades enfocadas cara á colaboración

Falar de sociocracia é falar de estrutura e cultura dentro da organización. Unha estrutura, a medio camiño entre a verticalidade que se enfoca no resultado e a horizontalidade que se enfoca no colectivo, que permite unha maior implicación das persoas na orientación e os resultados da organización e unha cultura que fomenta a colaboración e a comunicación o cal redunda nunha inmediata mellora do ambiente na comunidade xa que as enerxías diríxense cara a un mesmo obxectivo compartido.
A sociocracia empodera ás persoas socias pero para facer isto posible deben implantarse as condicións adecuadas. É dicir:
  1. Debe darse equivalencia entre os membros dos diversos niveis da organización de tal maneira que ninguén, nin o responsable do equipo, poida dominar aos demais membros sen que isto signifique que desaparezan xs lideres. Máis ben ao contrario refórzase o seu papel na execución ao compartir co seu equipo a responsabilidade nas decisións de orientación xeral.
  2. A atención dos membros debe estar dirixida cara ao proxecto común compartido que será o motor do equipo ao fortalecer o interese xeral.
  3. Debe favorecerse a libre circulación de información e a retroalimentación tanto interna como externa nun ciclo sen fin de tres pasos (entrada, procesamento, avaliación).
En poucas palabras, a sociocracia trata de recoller e canalizar toda esa enerxía que nas organizacións tradicionais adoita acabar dirixíndose cara á submisa frustración, o conflito ou o desinterese convertendo a cada persoa nun elemento que se sente valioso e recoñecido por unha comunidade que lle deixa ser.
Se queres afondar máis no tema podes premer aqui
1 Comentario

Cataluña recoñece desde onte o interés público da vivenda colaborativa

19/5/2022

0 Comentarios

 
Picture
A regulación lexislativa é fundamental para que este tipo de proxectos poidan avanzar convertindose nunha ferramente útil para o acceso a vivenda, o seu abaratamento e a creación de comunidades máis resilientes e que permitan o coidado mutuo entre xs persoas que as compoñen
 ​Boas novas para a vivenda colaborativa!!!

En base o recoñecemento por
unha amplia maioría do Parlament de Cataluña da ausencia de lucro e a preservación da propiedade colectiva da vivenda, da  asequibilidade e  inclusividade dos proxectos, da construción de comunidade, do compromiso coa  intercooperación e o crecemento do modelo, e da corresponsabilidade coa contorna e o dereito á vivenda recoñécese o interés público dos proxectos de vivenda colaborativa. Unha nova que nos fai mirar cara a Xunta agardando que se anime a seguir o exemplo de lexislar un fenómeno que é imparable.

​Fonte: www.economiasolidaria.org accedido o 18 de maio do 2022
0 Comentarios

A VIVENDA COLABORATIVA CHEGA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

11/5/2022

1 Comentario

 

Dúas das oito iniciativas galegas, Alvariza. Colaborativas Compostela e SomosAmizar, aspiran a radicarse na contorna de Santiago

​Hai palabras que responden a fenómenos sociais que veñen para quedar como é o caso da #vivendacolaborativa ou #cohousing, o modelo de vivenda que xurdiu no norte de Europa a mediados do século pasado e expandiuse por todo o mundo. Pero de que estamos falando cando falamos de vivenda colaborativa?

A grandes liñas o que inicialmente comezou sendo unha solución aos problemas derivados do envellecemento con proxectos tan novos no seu momento como Trabensol ou a Cooperativa Os Milagros foi crecendo e converténdose nunha ferramenta de economía colaborativa para enfrontarse aos problemas de acceso á vivenda, de illamento nas cidades e, en xeral, para conseguir un tipo de convivencia máis amable e respectuoso coas persoas e o medio ambiente.

Contámosvos isto porque o venres 10 de xuño ás 20h. imos iniciar “#Deconversa: charlas abertas sobre a vivenda colaborativa”

​A primeira terá lugar no local de “A troita Armada” dentro dos seus “Vide o venres” pero estamos abertos a realizar outras colaboracións.
Vivenda colaborativa, cohousing, interxeracional
A vivenda colaborativa interxeracional, cohousing interxeracional, chega a Santiago de Compostela e quere dar a coñecer as súas características

Por mencionar algunhas das características da vivenda colaborativa das que falaremos:

  1. Son iniciativas de autopromoción sen ánimo especulativo que entenden a vivenda como ben de uso e non como investimento que se abaratan reducindo a parte construída de uso privativo de cada familia ou cooperativista en favor de espazos de uso común.
  2. Son iniciativas democráticas e participativas nas que a comunidade é quen toma todas as decisións desde o primeiro momento. 
  3. Son iniciativas centradas nas persoas onde o obxectivo é o benestar da comunidade e as persoas que a compoñen.
  4. Son iniciativas que tentan ser respectuosas coa comunidade na que se asentan e que están abertas a relación coa contorna.
  5. Son iniciativas que teñen moi en conta a sustentabilidade en sentido amplo, tanto económica como ambiental como socialmente.
  6. Son iniciativas que buscan a integración e a diversidade.

​Exemplos destacables de iniciativas en marcha ou en proceso de construción son Entrepatios, Sostre Civic ou Koobizitza.

No noso caso, Alvariza, definímonos como modelo de vivenda colaborativa interxeracional que se alimenta do concepto de cesión de uso segundo o cal os cooperativistas son donos do dereito de uso tanto das súas vivendas privadas como dos espazos e servizos comúns sendo a propiedade do edificado da totalidade da cooperativa. Unha cooperativa que nos permite crear unha rede de coidado mútuo que facilite a conciliación ou necesidade de fogar propio dxs máis novxs e a de compañía e posta en valor da súa experiencia dxs maiores.

O centro de gravidade da nosa comunidade é a convivencia favorecida por un estilo de organización áxil, participativo e aberto para garantirnos a calidade de vida que merecemos.

Así que xa sabes, se formas parte dunha entidade pública ou privada e queres saber máis sobre a vivenda colaborativa ou cohousing podes poñerte en contacto con nós no correo alvarizacolab@gmail.com.
1 Comentario

Esta son eu, Al

10/3/2022

0 Comentarios

 
Picture
Sentada á sombra da sobreira.
Penso, leo, escribo.
Escoito o peto, o cuco,…
Tamén me sento
a escoitar as historias
dos que pasan por aquí.
Historias tristes, ledas.
A vida da xente que
se achega a Alvariza
a descansar
parolar, compartir.
0 Comentarios

Hoxe recibíronnos na consellería de política social

24/2/2022

0 Comentarios

 
Picture
Ola, alvarizxs!!!

Hoxe estivemos
na Xunta de Galicia cxs compañeirxs para falar coa Secretaria Xeral Técnica da Consellería, María Francisca Gómez Santos, e Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacide, Fernando González Abeijón. Segue a sorprenderme verme nestas xuntanzas aínda que foi ben produtiva!!!

Saímos moi contentos porque comprobamos que a nosa administración autonómica recibe con interese o noso proxecto.

Falamos da necesidade de que a orde na que están a traballar e que regulará a vivenda colaborativa en Galicia sexa o máis ampla posible de forma que as iniciativas interxeracionais como a nosa tamén teñan cabida e vimos receptividade.

Sorprendéronse un pouco porque somos os primeiros en dirixirnos a eles cun proxecto que quere dar cabida a todas as idades pero seguro que non seremos os últimos. É o que ten estar abrindo camiño.

Tamén falamos de inscribirnos no Rexistro Único de Entidades de Servizos Sociais o cal animaronnos como entidade de iniciativa social que somos.

Resumindo. QUE GUSTO SENTIRSE ESCOITADA E QUE O NOSO PROXECTO SE VAI MATERIALIZANDO TAMÉN NO LEGAL!!!


Sede moi felices e coidarvos entre vós.

Ata pronto!!!
0 Comentarios

GRAZAS A TVG POR DARNOS A OPORTUNIDADE DE SEGUIR DIFUNDINDO A NOSA COOPERATIVA DE VIVENDA COLABORATIVA

17/2/2022

0 Comentarios

 
Preme para ver o video
0 Comentarios

Reportaxe que nos adican en "El Correo Gallego". Grazas A.I.!!!

13/2/2022

0 Comentarios

 
Picture
Preme para acceder a nova
0 Comentarios

QUeres coñecerme?

7/2/2022

0 Comentarios

 
0 Comentarios
<<Anterior

    Archivos

    Diciembre 2022
    Mayo 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021

    AutorA

    Levo un montón de tempo dandolle voltas a un asunto, e...matinando, matinando cheguei aos 35, 35 anos!!! Vivindo de alugueiro en tantos pisos que as veces cústame lembrar todos. Son a que vive no 1º, unha sen nome, unha ninguén que como tantas outras leva encadeando incluso máis traballos que pisos (ainda que agora estou xa un pouco máis estable) e aforrando o que podo cando podo.
    Chámome Al de Alvariza (pode ser que aos meus pais lles gustara moito o mel e lle tiveran un pouco de medo o "oso", ou tal vez agardaban que fora doce, non o sei).
    Con ese nome xa sabedes moito de min. Alguén que se enfronta os "osos" non pode ser unha ninguén. Son amigable, sociable, valente, querible e con carácter.
    O meu soño e facer unha alvariza con todos os que coma min queirades fuxir do pesadelo das mudanzas, ter un sitio o que voltar. Un sitio que sexa eu e ti e tamén nos, que acolla , onde te sintas segura, onde sempre haxa alguén que te reciba cun sorriso, un fogar. Eu imaxino como vai ser pero faltasme ti para darlle vida. Axúdasme a darlle vida?

    Categorías

    Todo
    Comunidad
    Convivencia
    Sociocracia

    Canal RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • Inicio
  • Quen somos?
  • Que ofrecemos?
  • O blogue de Al
  • Contacto
  • Legal