Ola, alvarizxs!!!
Hoxe estivemos na Xunta de Galicia cxs compañeirxs para falar coa Secretaria Xeral Técnica da Consellería, María Francisca Gómez Santos, e Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacide, Fernando González Abeijón. Segue a sorprenderme verme nestas xuntanzas aínda que foi ben produtiva!!! Saímos moi contentos porque comprobamos que a nosa administración autonómica recibe con interese o noso proxecto. Falamos da necesidade de que a orde na que están a traballar e que regulará a vivenda colaborativa en Galicia sexa o máis ampla posible de forma que as iniciativas interxeracionais como a nosa tamén teñan cabida e vimos receptividade. Sorprendéronse un pouco porque somos os primeiros en dirixirnos a eles cun proxecto que quere dar cabida a todas as idades pero seguro que non seremos os últimos. É o que ten estar abrindo camiño. Tamén falamos de inscribirnos no Rexistro Único de Entidades de Servizos Sociais o cal animaronnos como entidade de iniciativa social que somos. Resumindo. QUE GUSTO SENTIRSE ESCOITADA E QUE O NOSO PROXECTO SE VAI MATERIALIZANDO TAMÉN NO LEGAL!!! Sede moi felices e coidarvos entre vós. Ata pronto!!!
0 Comentarios
|
Archivos
Diciembre 2022
AutorALevo un montón de tempo dandolle voltas a un asunto, e...matinando, matinando cheguei aos 35, 35 anos!!! Vivindo de alugueiro en tantos pisos que as veces cústame lembrar todos. Son a que vive no 1º, unha sen nome, unha ninguén que como tantas outras leva encadeando incluso máis traballos que pisos (ainda que agora estou xa un pouco máis estable) e aforrando o que podo cando podo. Categorías |