"ANDAR SOLO NO DUELE, SENTIRSE SOLO ES OTRA COSA" EDUARDO GALEANO Nalgún momento da vida e seguramente con bastante frecuencia, sobre todo despois dunha actividade “multitudinaria” con amigos e/ou familiares, chegamos a dicir, incluso berrar: “Necesito estar soa ...!!” E, certamente, eses momentos de soidade, calma, introspección e diálogo cunha mesma son necesarios e terapéuticos. Porque o concepto de soidade non é sempre e por si mesmo negativo, de feito existen infinidade de cousas que so podemos facer en soidade, sos con nós mesmos ... Sen embargo somos seres sociais, precisamos dos demais para vivir, para complementarnos como persoas, para aprender e ensinar, para divertirnos e compartir momentos especiais ... E, como a maioría das aprendizaxes da vida, a ser social tamén se aprende, practicando Crear relacións sociais duradeiras non é fácilPara moitas persoas resulta case imposible por diferentes motivos: timidez, baixa autoestima, dificultade para relacionarse ... E hai colectivos especialmente vulnerables, persoas con algunha discapacidade ou un “defecto físico”, para as que resulta moi difícil relacionarse con naturalidade cos seus iguais. Incluso manter as relacións consolidadas na adolescencia e xuventude resulta difícil pois a medida que imos crecendo van cambiando os intereses e faise difícil formar parte de grupos cos que xa non compartimos as mesmas ideas. Existe tamén unha etapa, a da maternidade/paternidade que, así como a persoas de natureza sociable lles facilita a relación con outros pais/nais a traveso das crianzas, a outras moitas lévaas a encerrarse na “burbulla” familiar, por considerar plena e realizada así a súa vida e abandonan as relacións con persoas noutras etapas vitais. Esta etapa pode coincidir, en moitos casos, no tempo, coa da soidade buscada, pois atopámonos nun momento na nosa vida laboral que nos absorbe e require toda a nosa enerxía, non podemos perder tempo, ou non nos sobra para fomentar relacións externas, creando unha rede de apoio. Sumado a isto, a vida nas grandes cidades ten, fronte a vantaxe da vida anónima, na que “ninguén se mete” a grande desvantaxe da soidade. Estamos rodeados de xente, pero sentímonos sos. Vivimos nun mundo que favorece a individualidade a través da competitividade, a desconfianza, os prexuízos ... A rede de apoio veciñalO caso é que non nos educaron, non estamos educando para sentirnos sos, deberiamos aprender a xestionar a soidade, saber que a soidade non desexada pode chegar se nas etapas de soidade “desexada” non creamos vínculos que nos apoien nos momentos máis vulnerables.
Por iso cada vez cobra maior importancia a rede veciñal, que se da con naturalidade no mundo rural, onde hai unha vixilancia, unha atención e axuda mutua máis natural, aceptada sen problema porque non se considera intromisión na intimidade. Como alternativa válida, posto que unha volta á vida rural sería inviable, está a idea, cada vez máis estendida, da creación de comunidades de veciños (cohousing), onde conviven persoas que comparten espazos colectivos ao tempo que desfrutan do seu propio espazo privado, no que se establecen redes de apoio, de solidariedade e de vida en comunidade. Existen xa en todo o estado diversas iniciativas que camiñan nesta dirección con intereses diferenciados: comunidades senior e comunidades interxeracionais. Esta modalidade de comunidade permite crear unha rede de coidado mutuo que facilita a conciliación ou necesidade de fogar propio das persoas máis novos e a de compañía e posta en valor da súa experiencia das persoas maiores.
1 Comentario
Vivenda colaborativa + Gobernanza = SociocraciaAdoita ser unha inquitude frecuente das persoas que por primeira vez achéganse ao mundo da vivenda colaborativa e as comunidades intencionais o medo a que estas poidan converterse en organizacións que absorben gran cantidade de tempo e enerxía para aqueles que forman parte delas ou, o que é peor, en terreo fértil para os conflitos. Quizais esta idea teña moito que ver co tipo de organizacións ás que estamos afeitos. Organizacións verticais, nas que resulta perigoso saírse da parcela asignada segundo o posto que se ocupe, movidas pola competición entre os individuos ou organizacións horizontais,nas que resulta igualmente perigoso enfrontarse ás opinións maioritarias, movidas pola enerxía da competición entre grupos. Ningún dos dous modelos de organización parecen pensados para fomentar unha convivencia harmoniosa entre persoas diversas. A cuestión é se existe algunha alternativa viable a medio camiño entre a exacerbación do individuo/calidade das primeiras ou do colectivismo/cantidade das segundas e a resposta é si e non só unha aínda que ao longo deste artigo imos centrarnos nunha delas, a sociocracia, un modelo de organización e gobernanza creado na súa forma moderna por Gerard Endenburg, empresario holandés, na década dos 70’ s do pasado século. Comunidades enfocadas cara á colaboraciónFalar de sociocracia é falar de estrutura e cultura dentro da organización. Unha estrutura, a medio camiño entre a verticalidade que se enfoca no resultado e a horizontalidade que se enfoca no colectivo, que permite unha maior implicación das persoas na orientación e os resultados da organización e unha cultura que fomenta a colaboración e a comunicación o cal redunda nunha inmediata mellora do ambiente na comunidade xa que as enerxías diríxense cara a un mesmo obxectivo compartido.
A sociocracia empodera ás persoas socias pero para facer isto posible deben implantarse as condicións adecuadas. É dicir:
Se queres afondar máis no tema podes premer aqui Boas novas para a vivenda colaborativa!!!
En base o recoñecemento por unha amplia maioría do Parlament de Cataluña da ausencia de lucro e a preservación da propiedade colectiva da vivenda, da asequibilidade e inclusividade dos proxectos, da construción de comunidade, do compromiso coa intercooperación e o crecemento do modelo, e da corresponsabilidade coa contorna e o dereito á vivenda recoñécese o interés público dos proxectos de vivenda colaborativa. Unha nova que nos fai mirar cara a Xunta agardando que se anime a seguir o exemplo de lexislar un fenómeno que é imparable. Fonte: www.economiasolidaria.org accedido o 18 de maio do 2022 Dúas das oito iniciativas galegas, Alvariza. Colaborativas Compostela e SomosAmizar, aspiran a radicarse na contorna de SantiagoHai palabras que responden a fenómenos sociais que veñen para quedar como é o caso da #vivendacolaborativa ou #cohousing, o modelo de vivenda que xurdiu no norte de Europa a mediados do século pasado e expandiuse por todo o mundo. Pero de que estamos falando cando falamos de vivenda colaborativa? A grandes liñas o que inicialmente comezou sendo unha solución aos problemas derivados do envellecemento con proxectos tan novos no seu momento como Trabensol ou a Cooperativa Os Milagros foi crecendo e converténdose nunha ferramenta de economía colaborativa para enfrontarse aos problemas de acceso á vivenda, de illamento nas cidades e, en xeral, para conseguir un tipo de convivencia máis amable e respectuoso coas persoas e o medio ambiente. Contámosvos isto porque o venres 10 de xuño ás 20h. imos iniciar “#Deconversa: charlas abertas sobre a vivenda colaborativa”A primeira terá lugar no local de “A troita Armada” dentro dos seus “Vide o venres” pero estamos abertos a realizar outras colaboracións. Por mencionar algunhas das características da vivenda colaborativa das que falaremos:
Exemplos destacables de iniciativas en marcha ou en proceso de construción son Entrepatios, Sostre Civic ou Koobizitza. No noso caso, Alvariza, definímonos como modelo de vivenda colaborativa interxeracional que se alimenta do concepto de cesión de uso segundo o cal os cooperativistas son donos do dereito de uso tanto das súas vivendas privadas como dos espazos e servizos comúns sendo a propiedade do edificado da totalidade da cooperativa. Unha cooperativa que nos permite crear unha rede de coidado mútuo que facilite a conciliación ou necesidade de fogar propio dxs máis novxs e a de compañía e posta en valor da súa experiencia dxs maiores. O centro de gravidade da nosa comunidade é a convivencia favorecida por un estilo de organización áxil, participativo e aberto para garantirnos a calidade de vida que merecemos. Así que xa sabes, se formas parte dunha entidade pública ou privada e queres saber máis sobre a vivenda colaborativa ou cohousing podes poñerte en contacto con nós no correo alvarizacolab@gmail.com. |
Archivos
Diciembre 2022
AutorALevo un montón de tempo dandolle voltas a un asunto, e...matinando, matinando cheguei aos 35, 35 anos!!! Vivindo de alugueiro en tantos pisos que as veces cústame lembrar todos. Son a que vive no 1º, unha sen nome, unha ninguén que como tantas outras leva encadeando incluso máis traballos que pisos (ainda que agora estou xa un pouco máis estable) e aforrando o que podo cando podo. Categorías |