Alvarizacolab
  • Inicio
  • Quen somos?
  • Que ofrecemos?
  • O blogue de Al
  • Contacto
  • Legal

​Benvidxs ao blogue de ​Al


Novas comunidades requiren novas formas de organización

20/5/2022

1 Comentario

 
Comunidades de vivenda colaborativa ben organizadas como solución o encarecemento da vienda
Unha das solucións ao problema do encarecemento da vivenda e a soidade non desexada nas nosas cidades pasa pola creación de Cooperativas de Vivenda Colaborativa sas e vibrantes cuxo modelo de organización permita anticiparse aos problemas que no día a día e na súa xestión poden aparecer

Vivenda colaborativa + Gobernanza = Sociocracia

​​Adoita ser unha inquitude frecuente das persoas que por primeira vez achéganse ao mundo da vivenda colaborativa e as comunidades intencionais o medo a que estas poidan converterse en organizacións que absorben gran cantidade de tempo e enerxía para aqueles que forman parte delas ou, o que é peor, en terreo fértil para os conflitos.
Quizais esta idea teña moito que ver co tipo de organizacións ás que estamos afeitos. Organizacións verticais, nas que resulta perigoso saírse da parcela asignada segundo o posto que se ocupe, movidas pola competición entre os individuos ou organizacións horizontais,nas que resulta igualmente perigoso enfrontarse ás opinións maioritarias, movidas pola enerxía da competición entre grupos. Ningún dos dous modelos de organización parecen pensados para fomentar unha convivencia harmoniosa entre persoas diversas.
A cuestión é se existe algunha alternativa viable a medio camiño entre a exacerbación do individuo/calidade das primeiras ou do colectivismo/cantidade das segundas e a resposta é si e non só unha aínda que ao longo deste artigo imos centrarnos nunha delas, a sociocracia, un modelo de organización e gobernanza creado na súa forma moderna por Gerard Endenburg, empresario holandés, na década dos 70’ s do pasado século.

Comunidades enfocadas cara á colaboración

Falar de sociocracia é falar de estrutura e cultura dentro da organización. Unha estrutura, a medio camiño entre a verticalidade que se enfoca no resultado e a horizontalidade que se enfoca no colectivo, que permite unha maior implicación das persoas na orientación e os resultados da organización e unha cultura que fomenta a colaboración e a comunicación o cal redunda nunha inmediata mellora do ambiente na comunidade xa que as enerxías diríxense cara a un mesmo obxectivo compartido.
A sociocracia empodera ás persoas socias pero para facer isto posible deben implantarse as condicións adecuadas. É dicir:
  1. Debe darse equivalencia entre os membros dos diversos niveis da organización de tal maneira que ninguén, nin o responsable do equipo, poida dominar aos demais membros sen que isto signifique que desaparezan xs lideres. Máis ben ao contrario refórzase o seu papel na execución ao compartir co seu equipo a responsabilidade nas decisións de orientación xeral.
  2. A atención dos membros debe estar dirixida cara ao proxecto común compartido que será o motor do equipo ao fortalecer o interese xeral.
  3. Debe favorecerse a libre circulación de información e a retroalimentación tanto interna como externa nun ciclo sen fin de tres pasos (entrada, procesamento, avaliación).
En poucas palabras, a sociocracia trata de recoller e canalizar toda esa enerxía que nas organizacións tradicionais adoita acabar dirixíndose cara á submisa frustración, o conflito ou o desinterese convertendo a cada persoa nun elemento que se sente valioso e recoñecido por unha comunidade que lle deixa ser.
Se queres afondar máis no tema podes premer aqui
1 Comentario

    Archivos

    Diciembre 2022
    Mayo 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021

    AutorA

    Levo un montón de tempo dandolle voltas a un asunto, e...matinando, matinando cheguei aos 35, 35 anos!!! Vivindo de alugueiro en tantos pisos que as veces cústame lembrar todos. Son a que vive no 1º, unha sen nome, unha ninguén que como tantas outras leva encadeando incluso máis traballos que pisos (ainda que agora estou xa un pouco máis estable) e aforrando o que podo cando podo.
    Chámome Al de Alvariza (pode ser que aos meus pais lles gustara moito o mel e lle tiveran un pouco de medo o "oso", ou tal vez agardaban que fora doce, non o sei).
    Con ese nome xa sabedes moito de min. Alguén que se enfronta os "osos" non pode ser unha ninguén. Son amigable, sociable, valente, querible e con carácter.
    O meu soño e facer unha alvariza con todos os que coma min queirades fuxir do pesadelo das mudanzas, ter un sitio o que voltar. Un sitio que sexa eu e ti e tamén nos, que acolla , onde te sintas segura, onde sempre haxa alguén que te reciba cun sorriso, un fogar. Eu imaxino como vai ser pero faltasme ti para darlle vida. Axúdasme a darlle vida?

    Categorías

    Todo
    Comunidad
    Convivencia
    Sociocracia

    Canal RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • Inicio
  • Quen somos?
  • Que ofrecemos?
  • O blogue de Al
  • Contacto
  • Legal