Alvarizacolab
  • Inicio
  • Quen somos?
  • Que ofrecemos?
  • O blogue de Al
  • Contacto
  • Legal

​Benvidxs ao blogue de ​Al


Comunicado do Grupo Galego de Vivenda Colaborativa en relación a ORDE do 10 de outubro de 2022 pola que se INTRODUCE A VIVENDA COLABORATIVA COMO centro de atención a persoas maiores.

4/12/2022

0 Comentarios

 

Os grupos semente e as agrupacións profesionais que forman parte do Grupo Galego de Vivenda Colaborativa valoramos positivamente que a Administración Autonómica comece a regular o fenómeno da vivenda colaborativa pero esta regulación, tal vez polo órgano do que emana, a Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, ten un marcado carácter asistencial deixando un amplío campo a interpretación da administración na súa aplicación o cal dificulta que as familias poidan autorganizarse para facer fronte a unha situación de dependencia sobrevivida.

Vivenda colaborativa interxeracional, envellecemento activo en comunidade e/ou familia, prevención da dependencia
Os beneficios do coidado en familia e/ou comunidade e do contacto entre xeracións son unha evidencia cientifca que ademáis é cuantificable en canto a aforro presupostario destiñados a paliar os efectos negativos da soidade e do deterioro físico e cognitivo nas persoas maiores.
Con afán colaborador e construtivo creemos que a orde do 10 de outubro de 2022 pode mellorarse nalgúns aspectos que pasamos a enumerar:
  1. En primeiro lugar xorden dubidas pola redacción da orde sobre se cando se fala de permitir o acceso de persoas menores de 55 anos estas teñen obrigatoriamente que compartir o mesmo espazo de uso privativo con maiores de 55 ou se pola contra refírese a compartir distinto espazo de uso privativo na mesma vivenda colaborativa. De ter que compartir a mesma unidade de convivencia non creemos que fomente nin a autonomía nin a intimidade de ningunha das dúas partes.
  2. En canto á inclusión da interxeracionalidade esta alternativa de fogar con cabida no ámbito dos servizos sociais pode materializarse a través de vivendas colaborativas, dotadas de servizos para a promoción dunha vida social activa e colaborativa, que contribuirán ao benestar das persoas paliando situacións do illamento social e soidade que sofre gran parte da poboación (O 24,5% dos fogares en Galicia son unipersoais). Na modalidade Interxeracional foméntase a saúde en todas as etapas vitais e atrásase a aparición da dependencia. 
  3. En relación a interxeracionalidade consideramos que, tratándose dunha mesma Consellería, a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica podería ter aproveitado a ocasión para introducir o papel das familias nesta Orde, máis tendo en conta os problemas demográficos os que se enfronta Galicia e que o modelo de microcohousing pode ser unha solución que permita a reagrupación familiar en circunstancias de dependencia sobrevida. Deste xeito facilitaríase que as familias puideran coidar os seus dependentes pero o límite do 50% fai imposible na práctica esta modalidade.
  4. O concepto de vivenda colaborativa caracterízase pola participación e autonomía das persoas cooperativistas fronte a outros modelos que parten da iniciativa do mercado. Entendemos que fronte a crise demográfica que sufre Galicia ambos modelos son compatibles e necesarios pero para iso deben recoñecerse as súas especificidades e necesidades. A Xunta debe saber da nosa dispoñibilidade e potencialidade para a atención as persoas maiores pero para que esa colaboración poida facerse realidade debe apoiar as iniciativas segundo modelo de colaboración público-cooperativo. Solicitamos pois que no futuro sexa obxecto de valoración para a concesión de axudas o grao de participación dos e das cooperativistas na cooperativa desde a fase de deseño ata a xestión do día a día como indicador de atención centrada na persoa.
  5. Aínda que entendemos como positivo que o profesional ao que fai referencia a orde poida ser unha das persoas integrantes do proxecto a Orde xéranos dúbidas sobre os seguintes puntos da redacción do artigo 8, sección B, apartado b: O recurso deberá contar cunha persoa responsable que deberá ter titulación universitaria e formación complementaria en dependencia, discapacidade, xeriatría, xerontoloxía…:
    1. Si a necesidade desta figura profesional é xenérica para todos os casos ou circunscríbese á existencia de persoas en situación de dependencia.
    2. Si existe un mínimo de horas obrigatorias de adicación desta persoa responsable, ou estas poden ser determinadas polas necesidades concretas da comunidade.

Por último, comprendendo que a Consellería de Política Social debe regular as condicións nas que se presta un servizo que forma parte da súa carteira, gustaríanos atoparnos cunha norma que dea máis liberdade ás persoas para organizarse dando cabida a modelos de vivenda colaborativa que na actual redacción da Orde quedan excluídos no que entendemos entorpece a súa consolidación en Galicia coartando a liberdade das persoas nun ámbito tan íntimo como é o do seu fogar.

Asdo.:     
- Outra forma de Vivenda (Coruña). http://outraformadevivenda.org/es/
- Sete Oitavas (Vigo). https://www.seteoitavas.com/
- Habitat Social (Coruña). https://www.habitatsocial.coop/
- Cohousing Galicia (Pontevedra). https://cohousing.gal/
- Galca (Vigo) https://www.galca.es/galca/
​- Alvariza. Colaborativas Compostela (Santiago). https://www.alvarizacolab.gal/

0 Comentarios



Deja una respuesta.

    Archivos

    Diciembre 2022
    Mayo 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021

    AutorA

    Levo un montón de tempo dandolle voltas a un asunto, e...matinando, matinando cheguei aos 35, 35 anos!!! Vivindo de alugueiro en tantos pisos que as veces cústame lembrar todos. Son a que vive no 1º, unha sen nome, unha ninguén que como tantas outras leva encadeando incluso máis traballos que pisos (ainda que agora estou xa un pouco máis estable) e aforrando o que podo cando podo.
    Chámome Al de Alvariza (pode ser que aos meus pais lles gustara moito o mel e lle tiveran un pouco de medo o "oso", ou tal vez agardaban que fora doce, non o sei).
    Con ese nome xa sabedes moito de min. Alguén que se enfronta os "osos" non pode ser unha ninguén. Son amigable, sociable, valente, querible e con carácter.
    O meu soño e facer unha alvariza con todos os que coma min queirades fuxir do pesadelo das mudanzas, ter un sitio o que voltar. Un sitio que sexa eu e ti e tamén nos, que acolla , onde te sintas segura, onde sempre haxa alguén que te reciba cun sorriso, un fogar. Eu imaxino como vai ser pero faltasme ti para darlle vida. Axúdasme a darlle vida?

    Categorías

    Todo
    Comunidad
    Convivencia
    Sociocracia

    Canal RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • Inicio
  • Quen somos?
  • Que ofrecemos?
  • O blogue de Al
  • Contacto
  • Legal