Alvarizacolab
  • Inicio
  • Quen somos?
  • Que ofrecemos?
  • O blogue de Al
  • Contacto
  • Legal

​Benvidxs ao blogue de ​Al


Soidades urbanas

25/5/2022

1 Comentario

 
"ANDAR SOLO NO DUELE, SENTIRSE SOLO ES OTRA COSA"
EDUARDO GALEANO
Nalgún momento da vida e seguramente con bastante frecuencia, sobre todo despois dunha actividade “multitudinaria” con amigos e/ou familiares, chegamos a dicir, incluso berrar: “Necesito estar soa ...!!”
E, certamente, eses momentos de soidade, calma, introspección e diálogo cunha mesma son necesarios e terapéuticos. Porque o concepto de soidade non é sempre e por si mesmo negativo, de feito existen infinidade de cousas que so podemos facer en soidade, sos con nós mesmos ...
​
Sen embargo somos seres sociais, precisamos dos demais para vivir, para complementarnos como persoas, para aprender e ensinar, para divertirnos e compartir momentos especiais ... E, como a maioría das aprendizaxes da vida, a ser social tamén se aprende, practicando​
Picture

Crear relacións sociais duradeiras non é fácil

Para moitas persoas resulta case imposible por diferentes motivos: timidez, baixa autoestima, dificultade para relacionarse ... E hai colectivos especialmente vulnerables, persoas con algunha discapacidade ou un “defecto físico”, para as que resulta moi difícil relacionarse con naturalidade cos seus iguais.
​

Incluso manter as relacións consolidadas na adolescencia e xuventude resulta difícil pois a medida que imos crecendo van cambiando os intereses e faise difícil formar parte de grupos cos que xa non compartimos as mesmas ideas.
Existe tamén unha etapa, a da maternidade/paternidade que, así como a persoas de natureza sociable lles facilita a relación con outros pais/nais a traveso das crianzas, a outras moitas lévaas a encerrarse na “burbulla” familiar, por considerar plena e realizada así a súa vida e abandonan as relacións con persoas noutras etapas vitais.

Esta etapa pode coincidir, en moitos casos, no tempo, coa da soidade buscada, pois atopámonos nun momento na nosa vida laboral que nos absorbe e require toda a nosa enerxía, non podemos perder tempo, ou non nos sobra para fomentar relacións externas, creando unha rede de apoio. Sumado a isto, a vida nas grandes cidades ten, fronte a vantaxe da vida anónima, na que “ninguén se mete” a grande desvantaxe da soidade. Estamos rodeados de xente, pero sentímonos sos. Vivimos nun mundo que favorece a individualidade a través da competitividade, a desconfianza, os prexuízos ...

A rede de apoio veciñal

Picture
O caso é que non nos educaron, non estamos educando para sentirnos sos, deberiamos aprender a xestionar a soidade, saber que a soidade non desexada pode chegar se nas etapas de soidade “desexada” non creamos vínculos que nos apoien nos momentos máis vulnerables.

Por iso cada vez cobra maior importancia a rede veciñal, que se da con naturalidade no mundo rural, onde hai unha vixilancia, unha atención e axuda mutua máis natural, aceptada sen problema porque non se considera intromisión na intimidade.

Como alternativa válida, posto que unha volta á vida rural sería inviable, está a idea, cada vez máis estendida, da creación de comunidades de veciños (cohousing), onde conviven persoas que comparten espazos colectivos ao tempo que desfrutan do seu propio espazo privado, no que se establecen redes de apoio, de solidariedade e de vida en comunidade.
​

Existen xa en todo o estado diversas iniciativas que camiñan nesta dirección con intereses diferenciados: comunidades senior e comunidades interxeracionais. Esta modalidade de comunidade permite crear unha rede de coidado mutuo que facilita a conciliación ou necesidade de fogar propio das persoas máis novos e a de compañía e posta en valor da súa experiencia das persoas maiores.
1 Comentario
Carmela
26/5/2022 16:26:23

Rede de apoio veciñal...moito me gusta ese concepto!.
Estou desexando ver experiencias de vivendas colaborativas desenvolvéndose en Galicia

Responder



Deja una respuesta.

    Archivos

    Diciembre 2022
    Mayo 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021

    AutorA

    Levo un montón de tempo dandolle voltas a un asunto, e...matinando, matinando cheguei aos 35, 35 anos!!! Vivindo de alugueiro en tantos pisos que as veces cústame lembrar todos. Son a que vive no 1º, unha sen nome, unha ninguén que como tantas outras leva encadeando incluso máis traballos que pisos (ainda que agora estou xa un pouco máis estable) e aforrando o que podo cando podo.
    Chámome Al de Alvariza (pode ser que aos meus pais lles gustara moito o mel e lle tiveran un pouco de medo o "oso", ou tal vez agardaban que fora doce, non o sei).
    Con ese nome xa sabedes moito de min. Alguén que se enfronta os "osos" non pode ser unha ninguén. Son amigable, sociable, valente, querible e con carácter.
    O meu soño e facer unha alvariza con todos os que coma min queirades fuxir do pesadelo das mudanzas, ter un sitio o que voltar. Un sitio que sexa eu e ti e tamén nos, que acolla , onde te sintas segura, onde sempre haxa alguén que te reciba cun sorriso, un fogar. Eu imaxino como vai ser pero faltasme ti para darlle vida. Axúdasme a darlle vida?

    Categorías

    Todo
    Comunidad
    Convivencia
    Sociocracia

    Canal RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • Inicio
  • Quen somos?
  • Que ofrecemos?
  • O blogue de Al
  • Contacto
  • Legal