Alvarizacolab
  • Inicio
  • Quen somos?
  • Que ofrecemos?
  • O blogue de Al
  • Contacto
  • Legal

​Benvidxs ao blogue de ​Al


Ola de novo!!!

19/1/2022

0 Comentarios

 
Picture

Teño que contarvos algo moi especial. Esta fin de semana Alvariza Colaborativas Compostela organizou unhas xornadas de formación en Sociocracia con Didier Escalón e Luz Yañez.

Foron dous días moi intensos porque eran as primeiras xornadas de formación presencial e estabamos todxs xuntxs na hospedería Sta María del Mar en Areas (ainda que o recelo fronte a COVID é moito armados con máscaras FFP2 e medidores de CO2 venceu o desexo de vivir e convivir). Xs tres que faltaban puideron unirse e participar por video-chat así que a comunidade puido estar ao completo e segura.

Non só aprendemos teoría e práctica (Visión, Misión, Obxectivos,..) tamén disfrutamos coñecéndonos mellor e comprobando que xs membrxs da asociación temos moitísimos intereses e necesidades comúns pero sobre todo aprendemos unha cousa e é que a colaboración é moito máis eficaz e eficiente que a competición.

Agora temos comprobado que podemos confiar nxs compañeirxs para entre todxs facer un traballo que pode non ser perfecto pero que si suficentemente bo e seguro polo momento e con iso é dabondo, que temos que perder o medo a equivocarnos ou non ser perfectos porque entre amigxs o que importa é ser xenerosxs e humildes para compartir o que podemos como se dun agasallo se tratara confiando en que a intelixencia do grupo saberá darlle o seu valor e facer a mellor elección e que temos moito por aprender e tamén desaprender, especialmente ese feo costume cultural de non respectar os tempos e de entrar en debates cruzados para demostrar que a nosa idea “é a mellor”.

Supoño que se tivera que escoller unha palabra para resumir todo o vivido esta sería facilitación (outro día cóntovos que fai x facilitador/a) e é que cando hai alguén que xenerosamente axuda ao grupo a ordearse e a cada un a dar o mellor de si e o grupo axuda respectando a súa función todo é moito máis doado.

A verdade é que todxs saímos cheos da ledicia que da sentirse parte e así o manifestamos, contando os días que faltan para a seguinte.

Coidádevos moito.

Al.

Picture
0 Comentarios



Deja una respuesta.

    Archivos

    Diciembre 2022
    Mayo 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021

    AutorA

    Levo un montón de tempo dandolle voltas a un asunto, e...matinando, matinando cheguei aos 35, 35 anos!!! Vivindo de alugueiro en tantos pisos que as veces cústame lembrar todos. Son a que vive no 1º, unha sen nome, unha ninguén que como tantas outras leva encadeando incluso máis traballos que pisos (ainda que agora estou xa un pouco máis estable) e aforrando o que podo cando podo.
    Chámome Al de Alvariza (pode ser que aos meus pais lles gustara moito o mel e lle tiveran un pouco de medo o "oso", ou tal vez agardaban que fora doce, non o sei).
    Con ese nome xa sabedes moito de min. Alguén que se enfronta os "osos" non pode ser unha ninguén. Son amigable, sociable, valente, querible e con carácter.
    O meu soño e facer unha alvariza con todos os que coma min queirades fuxir do pesadelo das mudanzas, ter un sitio o que voltar. Un sitio que sexa eu e ti e tamén nos, que acolla , onde te sintas segura, onde sempre haxa alguén que te reciba cun sorriso, un fogar. Eu imaxino como vai ser pero faltasme ti para darlle vida. Axúdasme a darlle vida?

    Categorías

    Todo
    Comunidad
    Convivencia
    Sociocracia

    Canal RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • Inicio
  • Quen somos?
  • Que ofrecemos?
  • O blogue de Al
  • Contacto
  • Legal