Alvarizacolab
  • Inicio
  • Quen somos?
  • Que ofrecemos?
  • O blogue de Al
  • Contacto
  • Legal

​Benvidxs ao blogue de ​Al


A vivenda colaborativa segue a coller impulso

23/1/2022

0 Comentarios

 
Picture
O pasado martes 18 aprovouse o ​Real Decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o Bono Alugueiro Novo e o Plan Estatal para o acceso á vivenda 2022-2025.

A nova lei fomenta "a oferta de aloxamentos e vivendas (...) de modalidades residenciais tipo vivenda colaborativa, de vivendas interxeracionais e outras similares."

As subvencións destinaranse para o fomento de novas formas de convivencia como a vivenda colaborativa, que mestura vivendas privadas e espazos comúns para a convivencia, que respondan as demandas de calquera grupo de idade.

As edificacións das promocións de nova construción que se acollan ás axudas deste programa deberán ser accesibles e haberán de ter unha cualificación enerxética mínima A, tanto en emisións de CO2 como en consumo de enerxía primaria non renovable.

Contía da axuda:

"As persoas ou entidades promotoras de actuacións obxecto deste programa poderán obter unha axuda, proporcional á superficie útil, tanto privadas como comúns e de interrelación, de ata un máximo de 420 euros por metro cadrado de superficie útil.

A contía máxima desta subvención, en conxunto, non poderá superar o 50 % do investimento da actuación, cun límite máximo de 50.000 euros por aloxamento ou vivenda.

O investimento da actuación, para os efectos da determinación da axuda  cubre todos os gastos da promoción sempre que todos eles consten debidamente acreditados."

Resumindo. SOPRAN BOS VENTOS PARA A VIVENDA COLABORATIVA!!!


Preme para ler o Real Decreto
0 Comentarios

Ola de novo!!!

19/1/2022

0 Comentarios

 
Picture

Teño que contarvos algo moi especial. Esta fin de semana Alvariza Colaborativas Compostela organizou unhas xornadas de formación en Sociocracia con Didier Escalón e Luz Yañez.

Foron dous días moi intensos porque eran as primeiras xornadas de formación presencial e estabamos todxs xuntxs na hospedería Sta María del Mar en Areas (ainda que o recelo fronte a COVID é moito armados con máscaras FFP2 e medidores de CO2 venceu o desexo de vivir e convivir). Xs tres que faltaban puideron unirse e participar por video-chat así que a comunidade puido estar ao completo e segura.

Non só aprendemos teoría e práctica (Visión, Misión, Obxectivos,..) tamén disfrutamos coñecéndonos mellor e comprobando que xs membrxs da asociación temos moitísimos intereses e necesidades comúns pero sobre todo aprendemos unha cousa e é que a colaboración é moito máis eficaz e eficiente que a competición.

Agora temos comprobado que podemos confiar nxs compañeirxs para entre todxs facer un traballo que pode non ser perfecto pero que si suficentemente bo e seguro polo momento e con iso é dabondo, que temos que perder o medo a equivocarnos ou non ser perfectos porque entre amigxs o que importa é ser xenerosxs e humildes para compartir o que podemos como se dun agasallo se tratara confiando en que a intelixencia do grupo saberá darlle o seu valor e facer a mellor elección e que temos moito por aprender e tamén desaprender, especialmente ese feo costume cultural de non respectar os tempos e de entrar en debates cruzados para demostrar que a nosa idea “é a mellor”.

Supoño que se tivera que escoller unha palabra para resumir todo o vivido esta sería facilitación (outro día cóntovos que fai x facilitador/a) e é que cando hai alguén que xenerosamente axuda ao grupo a ordearse e a cada un a dar o mellor de si e o grupo axuda respectando a súa función todo é moito máis doado.

A verdade é que todxs saímos cheos da ledicia que da sentirse parte e así o manifestamos, contando os días que faltan para a seguinte.

Coidádevos moito.

Al.

Picture
0 Comentarios

novas que nos alegran o día

14/1/2022

0 Comentarios

 

"O novo Plan da Vivenda, que o Goberno ten previsto aprobar o vindeiro martes en Consello de Ministros (...) cobre o período 2022-2025, cunha dotación económica este ano de 345 millóns de euros, e novidades como a promoción do  cohousing, o financiamento da vivenda colaborativa.

Vivendas Colaborativas
​
​Unha das novidades do plan é o impulso da vivenda colaborativa, o  cohousing, para convivencia interxeracional (...). Fontes do Ministerio de Transportes -responsable das políticas de Vivenda- apuntan que hai unha demanda crecente, desde o movemento cooperativo e o terceiro sector, para ofrecer edificios en que se reduce o espazo individual, pero amplíase o de servizos comúns (...). 
A idea de partida é crear (...) alternativas abertas de convivencia interxeracional."


Fonte: Cadena Ser

Preme para ver a nova completa
0 Comentarios

Hoxe tivemos xuntanza coa Concelleira de urbanismo, Mercedes Rosón

10/1/2022

0 Comentarios

 

Ola,  alvarizxs!!!

Hoxe estiven no Concello de Santiago cxs compañeirxs para falar coa Concelleira de Urbanismo e a Técnica responsable de Licenzas e comunicacións de obras. Quen me ía  dicir a min que nunca me interesei pola política que me ía  ver nunha xuntanza así!!!

A verdade é que  todxs saímos coa sensación de que foi unha reunión produtiva. Tanto a Concelleira como a Técnica Municipal mostraron moito interese no noso proxecto de Cooperativa de Vivenda Colaborativa e Interxeracional.

Os temas que tratamos foron:
- Modelos de outras CCAA e concellos do estado onde xa elaboraron e mesmo desenvolveron o marco normativo de apoio ás cooperativas de vivenda colaborativa.
- Comprobamos o interese mútuo en atopar a fórmula para ofertar chan público a proxectos cooperativos de vivenda colaborativa no concello.
- O Concello manifestou que está a definilos termos e condicións nos que  poder ofertar chan público a cooperativas como a nosa dentro das marxes que deixa a Lei Galega…e nós, agardamos que Alvariza consigua unha parcela na que instalarse!!!

E o mellor de todo é que saímos cunha reunión xa fixada para o mes de febreiro!!! Parece que realmente queren colaborar con nós.

Pronto vos contarei máis de como cheguei a este proxecto pero mentres tanto déixovos con este bo sabor de boca que deixa o sentirse ben  recibidxs e escoitadxs.

Sede moi felices e coidarvos entre vós.

Ata pronto!!!

Imagen
0 Comentarios

December 30th, 2021

30/12/2021

0 Comentarios

 
Queremos desexarvos o mellor neste 2022 que xa está ás portas. Grazas a todxs xs que xa formades parte da comunidade Alvariza.
Preme aquí
0 Comentarios

Estamos no aire

16/12/2021

0 Comentarios

 
Pois iso, que saimos na televisión no programa "Fun polo aire", Aqui vos deixo o enlace. Saímos no minuto 27. 
Preme para ver o video
0 Comentarios
Siguiente>>

    Archivos

    Diciembre 2022
    Mayo 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021

    AutorA

    Levo un montón de tempo dandolle voltas a un asunto, e...matinando, matinando cheguei aos 35, 35 anos!!! Vivindo de alugueiro en tantos pisos que as veces cústame lembrar todos. Son a que vive no 1º, unha sen nome, unha ninguén que como tantas outras leva encadeando incluso máis traballos que pisos (ainda que agora estou xa un pouco máis estable) e aforrando o que podo cando podo.
    Chámome Al de Alvariza (pode ser que aos meus pais lles gustara moito o mel e lle tiveran un pouco de medo o "oso", ou tal vez agardaban que fora doce, non o sei).
    Con ese nome xa sabedes moito de min. Alguén que se enfronta os "osos" non pode ser unha ninguén. Son amigable, sociable, valente, querible e con carácter.
    O meu soño e facer unha alvariza con todos os que coma min queirades fuxir do pesadelo das mudanzas, ter un sitio o que voltar. Un sitio que sexa eu e ti e tamén nos, que acolla , onde te sintas segura, onde sempre haxa alguén que te reciba cun sorriso, un fogar. Eu imaxino como vai ser pero faltasme ti para darlle vida. Axúdasme a darlle vida?

    Categorías

    Todo
    Comunidad
    Convivencia
    Sociocracia

    Canal RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • Inicio
  • Quen somos?
  • Que ofrecemos?
  • O blogue de Al
  • Contacto
  • Legal