Alvarizacolab
  • Inicio
  • Quen somos?
  • Que ofrecemos?
  • O blogue de Al
  • Contacto
  • Legal
Picture

A nosa visión

Vemos un mundo que necesita paz, solidariedade e compromiso pola xustiza social, a fraternidade e o coidado mutuo das persoas e do medio ambiente, en comunidades que sexan protagonistas, tendo a colaboración e a participación como sinais de identidade, con espazos que busquen a harmonía, que integren a diversidade a través de fórmulas creativas e xenerosas.

​

A nosa misión

Para acadalo, en Alvariza Colaborativas Compostela, fixámonos como medios a solidariedade, a interxeracionalidade e o coidado mutuo na nosa propia comunidade definida como un proxecto de vida colaborativa que favoreza vivendas asequibles e a soberanía enerxética ao servizo do medio ambiente e da sociedade. O noso centro de gravidade é a convivencia favorecida pola sociocracia como modelo de gobernanza e aberta á sociedade para garantirnos a calidade de vida que merecemos.

Obxectivos

  1. Actualizar a nosa entidade xurídica coa constitución dunha cooperativa.
  2. Dotar a Alvariza de asesoramiento técnico, xurídico, arquitectónico, económico,..
  3. Establecer un marco de colaboración con entidades públicas e privadas.
  4. Continuar coa divulgación do noso proxecto para ampliar a asociación e garantir a interxeracionalidade
  5. Proporcionar formacións pertinentes e adestramento en relacións interpersoais, de crecemento individual e de convivencia.
  6. Garantir a solidariedade e o coidado mutuo atendendo á diversidade e ás necesidades específicas e ás propias de cada idade.
  7. Elaborar un regulamento de réxime interior que contemple un marco de convivencia flexible.
  8. Determinar os espazos necesarios para construír as vivendas colaborativas e conseguir os terreos máis adecuados.
  9. Cubrir as necesidades dos membros de Alvariza de maneira sostible e fomentar que os servizos e actividades garantan a convivencia, a saúde e o benestar.
  10. Integrar o noso proxecto na contorna coa intención de ofrecer e compartir recursos.
  11. Fomentar un consumo responsable para lograr unha comunidade sostible e respectuosa co medio ambiente.
  12. Garantir a integración de aliados, colaboradores e partes interesadas para materializar o proxecto Alvariza e contactar con outros proxectos afíns para beneficiarnos da aprendizaxe mutua.
  13. Dotarnos dunha organización e modelo de xestión sociocrático para lograr os nosos obxectivos.
Queremos construir espazos privados e comúns amigables para favorecer a autonomía e a convivencia
Queremos construir espazos privados e comúns amigables para favorecer a autonomía e a convivencia

A nosa filosofía

Alvariza é un espazo de convivencia intencional, colaborativo, activo e participativo.
Queremos construír unha comunidade de convivencia na que as persoas que a compoñen compartan un obxectivo común, crear un espazo no que tecer redes de apoio, de confianza, respecto e coidado entre iguais, buscando equilibrio entre os espazos e os tempos privados coas relacións e actividades colectivas.

Interxeracional
Porque cremos que unha comunidade que procura a inclusión mediante a conexión e a solidariedade entre xeracións diferentes será unha comunidade mais confiada e máis segura.

Aberta á interacción coa contorna
Asentada en Santiago ou comarca, ben comunicada e con fácil acceso aos servizos.
Integrada na contorna, tanto no aspecto material como no social, buscando a interacción coa comunidade próxima.

Modelo de vivenda
Non especulativo, funcional e alcanzable economicamente, en cesión de uso, onde a propiedade do dereito de uso e privada dos cooperativistas e o construído é propiedade colectiva da cooperativa.

Sostible
Promoveremos unha construción sostible e un estilo de vida comunitaria coherente con este principio

OS VALORES NO PROXECTO

A solidariedade
Entendida como medio de compensación social en situacións de desigualdade e relacionada coa rede de apoio e coidados que debemos construír e desenvolver no día a día.

Liberdade e igualdade
Alvariza é a unión de persoas libres e iguais en dereitos e dignidade, pero diversa ao mesmo tempo, harmonizar a convivencia de singularidades persoais será o noso obxectivo.

Igualdade entre xéneros
Entendemos que os roles de xénero forman parte da nosa cultura e da nosa educación, polo que, inconscientemente, as nosas accións e discursos poden vir impregnados de estereotipos de xénero. Comprometémonos a velar polos dereitos e as liberdades de homes e mulleres, nenas e nenos.

Espazos privados e comúns 
Unha das principais vantaxes do xeito de vida colaborativo é que ao tempo que podemos dispor do noso espazo privado, podemos compartir espazos, servizos e actividades nos que dar tamén cabida a estancias de familiares e amizades.
Conxuntamente definiremos que espazos estarán abertos dentro da comunidade para a relación coa contorna.

Coidado e servizos
Como comunidade interxeracional asumimos que os coidados, propios e alleos, son unha parte esencial do noso xeito de vivir en comunidade, desde o inicio da vida ata o remate da mesma. Implicándonos nas relacións cotiás, creando recursos organizativos ou mesmo utilizando servizos externos cando sexa necesario.

Respecto
O noso compromiso é construír unha comunidade igualitaria nos seus dereitos, respectuosa nas súas diferenzas e integradora na súa diversidade.

Responsabilidade
Entendida como compromiso profundo e leal co proxecto, coa comunidade e cos seus valores, normas e obxectivos. Asumimos e aceptamos que o mesmo que a liberdade é tamén a do outro, a responsabilidade é sempre individual, non pode nin debe ser delegada noutros.


OS VALORES NA DINÁMICA

Promoción, construción e xestión propia
Entendemos a promoción propia como participación e control do grupo en todo o proceso (deseño do proxecto, das vivendas, dos espazos comúns, etc.…) o que significa que cada cooperativista participará activa e colaborativamente en cada unha das fases e tarefas que se precisan para elaborar o proxecto, promover a difusión do mesmo, a construción e finalmente a vida en común.

Organización horizontal
O estilo de organización será democrático e participativo, formando grupos ou comisións de traballo que permitan chegar a acordos despois de escoitar todas as voces. Con este fin optamos por adoptar a Sociocracia como método de toma de decisións por consentimento, baseado no compromiso e responsabilidade persoal, asumindo esta forma de organización e gobernanza.

A asemblea
É o espazo de encontro de todas as persoas asociadas e o foro onde serán oídas todas as opinións e propostas debatidas e aprobadas nos grupos. O funcionamento sociocrático permite que a asemblea sirva para poñer en común o remate do proceso validando a toma de decisións.

A negociación e a mediación na resolución de conflitos
Sabemos que os malestares e conflitos irán aparecendo, xa que forman parte da relación entre as persoas. Para prevelos e resolvelos co menor dano posible, dotarémonos de recursos na liña dos propostos pola Teoría da Comunicación Non Violenta e nos principios da mediación.

Este documento que chamamos “A nosa filosofía” ten carácter de contrato social entre individuos que van formar unha colectividade e, polo tanto, é vinculante para cada unha das persoas que forman parte dela.

​
A colaboración é a clave do noso proxecto. Colaboración, negociación e busqueda de aliados cun só obxectivo, facer realidade a construcción das nosas vivendas integradas nunha comunidade que sen obrigar permita e favoreza a interrrelación. Xuntos somos máis fortes fronte a entidades financieiras, administracións e os problemas da vida en xeral.
A colaboración é a clave do noso proxecto. Colaboración, negociación e busqueda de aliados cun só obxectivo, facer realidade a construcción das nosas vivendas integradas nunha comunidade que sen obrigar permita e favoreza a interrrelación. Xuntos somos máis fortes fronte a entidades financieiras, administracións e os problemas da vida en xeral.
Alvariza é un cohousing, unha cooperativa de vivenda colaborativa, unha comunidade intencional e interxeracional baseada en compatibilizar o individual e o social a través da convivencia. Algo máis que unha urbanización na que prima a construcción.  A nosa razón de ser son as persoas e o seu coidado
Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • Inicio
  • Quen somos?
  • Que ofrecemos?
  • O blogue de Al
  • Contacto
  • Legal