Alvarizacolab
  • Inicio
  • Quen somos?
  • Que ofrecemos?
  • O blogue de Al
  • Contacto
  • Legal

Calidez, privacidade, comunidade, tranquilidade, coidado mutuo, interxeracionalidade e sostibilidade como soporte ao fogar

A liberdade non é só poder ir e vir cando e a onde queiramos se non tamén ter onde querer voltar.


​Farta de alugueres abusivos en pisos nos que ni tan sequera coñeces a que debería ser a túa comunidade?​
Ola, somos o proxecto Alvariza de vivendas colaborativas que pretende crear unha comunidade intencional e interxeracional na que as vivendas sexan alcanzables economicamente e o coidado das persoas, independentemente da súa idade, sexan os eixos arredor dos cales poñer a rodar unha calida convivencia que, respectando a individualidade e a intimidade do fogar, cree espazos e servizos compartidos. Cremos no valor do común e no apoio mutuo xa sexa a hora de axudar na conciliación, o proceso biolóxico do envellecemento ou de blindarse fronte aos problemas da vida.


Vivendas colaboratias construidas con bos materiais e agarimo integradas na contorna co menor impacto ambiental posible.
Vivendas colaboratias construidas con bos materiais e agarimo integradas na contorna co menor impacto ambiental posible.
As vivendas colaborativas custan de media un 20% menos que as do mercado libre con moitos mellores materiais e solucións sostibles en canto a xeraxión enerxética ou impacto no medio.​
O feito de desenvolver o proxecto de forma transparente e participativa garante que en todas as fases sentirás que o proxecto e parte de ti e ti queres pertencer a esa 
comunidade. De feito estamos na fase de deseño e concreción do proxecto previa a construción.
Lonxe da especulación doutras “Cooperativas de vivenda” que non son máis que o negocio de promotores e inversores, Alvariza. Colaborativas Compostela é unha Cooperativa de vivenda real, de feito, a única en Santiago de Compostela.

Agardámoste!
Foto

    Contacto

Enviar
Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • Inicio
  • Quen somos?
  • Que ofrecemos?
  • O blogue de Al
  • Contacto
  • Legal