Alvarizacolab
  • Inicio
  • Quen somos?
  • Que ofrecemos?
  • O blogue de Al
  • Contacto
  • Legal

​Benvidxs ao blogue de ​Al


A VIVENDA COLABORATIVA CHEGA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

11/5/2022

1 Comentario

 

Dúas das oito iniciativas galegas, Alvariza. Colaborativas Compostela e SomosAmizar, aspiran a radicarse na contorna de Santiago

​Hai palabras que responden a fenómenos sociais que veñen para quedar como é o caso da #vivendacolaborativa ou #cohousing, o modelo de vivenda que xurdiu no norte de Europa a mediados do século pasado e expandiuse por todo o mundo. Pero de que estamos falando cando falamos de vivenda colaborativa?

A grandes liñas o que inicialmente comezou sendo unha solución aos problemas derivados do envellecemento con proxectos tan novos no seu momento como Trabensol ou a Cooperativa Os Milagros foi crecendo e converténdose nunha ferramenta de economía colaborativa para enfrontarse aos problemas de acceso á vivenda, de illamento nas cidades e, en xeral, para conseguir un tipo de convivencia máis amable e respectuoso coas persoas e o medio ambiente.

Contámosvos isto porque o venres 10 de xuño ás 20h. imos iniciar “#Deconversa: charlas abertas sobre a vivenda colaborativa”

​A primeira terá lugar no local de “A troita Armada” dentro dos seus “Vide o venres” pero estamos abertos a realizar outras colaboracións.
Vivenda colaborativa, cohousing, interxeracional
A vivenda colaborativa interxeracional, cohousing interxeracional, chega a Santiago de Compostela e quere dar a coñecer as súas características

Por mencionar algunhas das características da vivenda colaborativa das que falaremos:

  1. Son iniciativas de autopromoción sen ánimo especulativo que entenden a vivenda como ben de uso e non como investimento que se abaratan reducindo a parte construída de uso privativo de cada familia ou cooperativista en favor de espazos de uso común.
  2. Son iniciativas democráticas e participativas nas que a comunidade é quen toma todas as decisións desde o primeiro momento. 
  3. Son iniciativas centradas nas persoas onde o obxectivo é o benestar da comunidade e as persoas que a compoñen.
  4. Son iniciativas que tentan ser respectuosas coa comunidade na que se asentan e que están abertas a relación coa contorna.
  5. Son iniciativas que teñen moi en conta a sustentabilidade en sentido amplo, tanto económica como ambiental como socialmente.
  6. Son iniciativas que buscan a integración e a diversidade.

​Exemplos destacables de iniciativas en marcha ou en proceso de construción son Entrepatios, Sostre Civic ou Koobizitza.

No noso caso, Alvariza, definímonos como modelo de vivenda colaborativa interxeracional que se alimenta do concepto de cesión de uso segundo o cal os cooperativistas son donos do dereito de uso tanto das súas vivendas privadas como dos espazos e servizos comúns sendo a propiedade do edificado da totalidade da cooperativa. Unha cooperativa que nos permite crear unha rede de coidado mútuo que facilite a conciliación ou necesidade de fogar propio dxs máis novxs e a de compañía e posta en valor da súa experiencia dxs maiores.

O centro de gravidade da nosa comunidade é a convivencia favorecida por un estilo de organización áxil, participativo e aberto para garantirnos a calidade de vida que merecemos.

Así que xa sabes, se formas parte dunha entidade pública ou privada e queres saber máis sobre a vivenda colaborativa ou cohousing podes poñerte en contacto con nós no correo alvarizacolab@gmail.com.
1 Comentario
Carmela
26/5/2022 16:33:13

Que ganaaaasss!

Responder



Deja una respuesta.

    Archivos

    Diciembre 2022
    Mayo 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021

    AutorA

    Levo un montón de tempo dandolle voltas a un asunto, e...matinando, matinando cheguei aos 35, 35 anos!!! Vivindo de alugueiro en tantos pisos que as veces cústame lembrar todos. Son a que vive no 1º, unha sen nome, unha ninguén que como tantas outras leva encadeando incluso máis traballos que pisos (ainda que agora estou xa un pouco máis estable) e aforrando o que podo cando podo.
    Chámome Al de Alvariza (pode ser que aos meus pais lles gustara moito o mel e lle tiveran un pouco de medo o "oso", ou tal vez agardaban que fora doce, non o sei).
    Con ese nome xa sabedes moito de min. Alguén que se enfronta os "osos" non pode ser unha ninguén. Son amigable, sociable, valente, querible e con carácter.
    O meu soño e facer unha alvariza con todos os que coma min queirades fuxir do pesadelo das mudanzas, ter un sitio o que voltar. Un sitio que sexa eu e ti e tamén nos, que acolla , onde te sintas segura, onde sempre haxa alguén que te reciba cun sorriso, un fogar. Eu imaxino como vai ser pero faltasme ti para darlle vida. Axúdasme a darlle vida?

    Categorías

    Todo
    Comunidad
    Convivencia
    Sociocracia

    Canal RSS

Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • Inicio
  • Quen somos?
  • Que ofrecemos?
  • O blogue de Al
  • Contacto
  • Legal